22 mar. 2017

Outro libro sobre o mar



O mar é un universo en si mesmo cheo de segredos e de animais misteriosos. No libro que trouxo Alba Gude descúbrese algúns destes misterios, sobre todo grazas á lanterna que trae o libro para buscar nas láminas tansparentes.

Que chulada!!




18 mar. 2017

A idade de pedra

 



Os tesouros de Juanfran son as pedras. O pasado ano veu que un rapaz de outro curso coleccionaba minerais e a el prendéuselle a lámpada na cabeza. Gustoulle tanto que dende aquela, cada pèdra que ve, recóllea para a súa propia colección. O outro día veu a ensinarnos algúns dos seus tesouros.

Grazas, Juanfran!









12 mar. 2017

A Terra... esa gran descoñecida


Seguimos coas exposicións de cousas que nos gustan. Neste caso Alba Mosquera tróxonos un libro interensantísimo que falaba todo sobre o noso planeta: A Terra. Cantas cousas aprendemos!!

Moi bo, Alba. Grazas!



8 mar. 2017

8 de Marzo: Día da Muller

Hoxe conmemoramoso Día da Muller con varias lecturas e actividades. Unha delas foi esta de "Once Damas Atrevidas"

7 mar. 2017

Concerto conmemoración do día de Rosalía de Castro




O pasado Xoves 23 de febreiro fomos convidados a participar nun concerto no que se celebrarba o Día de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis importante. O concerto celebrouse no Auditorio de Riveira e foi organizado polo Equipo de Normalización Lingüistica do Concello. Asistiron moitos nenos e nenas de outros coles e entre os músicos estaban o gran Magin Blanco e Gloria (Mamá Cabra).



4 mar. 2017

Unha medallista na clase



Noa Martínez leva tempo adestrando moi duro para poder competir en diferentes probas de triatlón. En dous fins de semana consecutivos en probas de "nada-corre" acadou un dos tres primeiros postos (prata e bronce).

Moi ben, Noa, estamos moi orgullosos dos teus esforzos!