3 feb. 2017

Semana da Paz




Esta semana, coincidindo coa celebración do Día da Paz, imos facer tódolos días algunha pequena actividade, lectura, debuxo, vídeo,... para conmemorar e reivindicar de algún xeito a necesidade tan grande que hai de PAZ no Mundo.

Entendemos a palabra PAZ no seu sentido máis amplo, non só como unha ausencia de guerras, senón como un ambiente agradable, distendido, armónico, cooperativo,..., que todas e todos nós podemos crear no contorno que nos rodea.

Creemos a PAZ entre todos e todas!!