6 feb. 2017

Un día sen luz


No Corniño aproveitamos todas as ocasións para sacar cousas positivas delas. Hoxe houbo un apagón xeral na parroquia e estivemos sen luz case toda a mañá.

Na primeira hora fixemos unha clase de ciencias ben completa. Comezamos analizando cales eran os trebellos que utilizamos habitualmente que funcionan con corrente eléctrica. Cada quen falounos das dificultades que atopou esta mañá para prepararse para vir á escola.

A continuación fixemos un repaso pola historia comparando a forma que tiñan antes de facer as cousas cotiás como: quentar o leite para o almorza, lavar a roupa, comunicarse con xente que estaba lonxe,..., coa forma que temos de facelas agora.

Unha hora moi productiva!!